Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@uvigo y Deloitte lanzan unha cátedra especializada en ciberseguridade

O imparable avance da tecnoloxía trae consigo innumerables beneficios para a sociedade, pero tamén un importante aumento dos riscos tecnolóxicos, cada vez máis habituais, sofisticados e perigosos. Neste contexto a Universidade de Vigo e a empresa Deloitte, firma líder nos sectores de consultaría e auditoría, crean a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade que a comezos de anos arrancará a súa actividade tras asinarse esta mércores o convenio de creación.

O principal obxectivo da cátedra é promover o desenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario e doutros profesionais, mellorando a capacitación e ampliando ou actualizando os seus coñecementos, técnicas e habilidades no ámbito da ciberseguridade. Neste sentido o reitor Salustiano Mato insistiu en que a Universidade reúne aos principais expertos e expertas que hai en Galicia arredor desta temática, «xa que combinamos especialistas en telecomunicación, matemáticas, informática… que xuntos complementan as súas capacidades».

Entre as principais ideas a desenvolver ao longo do vindeiro ano, e sucesivos, están, ademais dos cursos, abertos a profesionais en activo, a organización de conferencias, seminarios, foros… en Vigo e Ourense, dirixidos ao gran público e relacionadas cos problemas reais de ciberseguridade, tanto no ámbito dos cidadáns (uso fraudulento de tarxetas de crédito, datos persoais empregados para calquera uso…); como para os máis mozos (ciberacoso, ciberbullying, sexting…); e as empresas (datos de clientes/proveedores, datos sensibles da propia empresa, ataques ao funcionamento diario da compañía…).

De cara a premiar ao alumnado máis competente, os responsables da cátedra barallan tamén a creación de varias bolsas de excelencia académica, para aqueles que consigan mellores resultados académicos, e a edición de folletos e vídeos breves sobre os principais ciberdelitos que axexan á sociedade, con principal incidencia en nenos e adolescentes.

A maiores, contémplase tamén a posibilidade de editar un libro introdutorio á ciberseguridade en empresas con fins divulgativos e baseado nos principais estudos e materiais desenvoltos por distintas axencias e empresas, así como a experiencia de profesionais do ámbito.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.