Vigo al minuto

Centos de persoas berran en Vigo que #APobrezaEnerxéticaMata

Fotos: Vigoalminuto/ Centos de persoas saíron este mércores á rúa en Vigo para berrar un alto e claro basta xa á pobreza enerxética. Baixo o lema ‘A pobreza enerxética mata’, centenares de vigueses secundaron a convocatoria de movementos e organizacións sociais para loitar contra a pobreza enerxética e as súas consecuencias.

Durante todo o percorrido da manifestación, entre Vía Norte e o Marco, estivo moi presente na memoria de todos os manifestantes o caso de Rosa, unha muller de 81 anos que morreu hai unhas semanas en Reus nun incendio causado por unha das candeas coas que tiña que alumear a casa dende que dous meses antes lle cortaran o subministro eléctrico.

Por ela e por todos os preto de 100.000 fogares galegos que se calcula que teñen dificultades para afrontar o pago do recibo da luz pola precariedade salarial e os «elevados prezos» da enerxía, os manifestantes corearon durante todo o percorrido lemas como ‘Se o frío non te mata, Fenosa te remata’, ‘Se fose un ministro tería subministro’ ou ‘ Os voso beneficios, os nosos sacrificios’.

A manifestación rematou diante do museo Marco coa lectura dun manifesto por parte do escritor Gustavo Luca de Tena no que ademais de demandar máis solucións por parte das administracións públicas para rematar con este problema, pediuse a prohibición legal de cortes de luz a familias con problemas económicos.

Con esta movilización esíxese tamén poñer fin aos abusos das tarifas, a creación dunha tarifa galega, a creación dunha ‘tarifa social’ pagada polas compañías eléctricas, o recoñecemento e devolución por estas empresas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en concepto de Costes de Transición á Competencia (CTCs), unha auditoría ao sistema eléctrico e a aplicación do IVA super reducido á electricidade por considerar o subministro un “servizo esencial para a cidadanía”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.