Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Vigo sairá este mércores á rúa para berrar que #ApobrezaEnerxéticaMata

Varios movementos e organización sociais convocan para este mércores, día 21, unha manifestación contra a Pobreza Enerxética, segundo informa a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

A mobilización sairá ás 8 da tarde de Vía Norte baixo o lema ‘A pobreza enerxética mata!’ e rematará no MARCO coa lectura dun manifesto por parte do escritor Gustavo Luca de Tena, na que se pedirá a prohibición legal de «todos os cortes de luz ás familias con problemas económicos».

A PAH tamén sinala que as organizacións convocantes esixen poñer fin aos abusos das tarifas, a creación dunha tarifa galega, a creación dunha ‘tarifa social’, pagada polas compañías eléctricas, o recoñecemento e devolución por estas empresas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en concepto de Costes de Transición á Competencia (CTCs) e, por fin, piden unha auditoría ao sistema eléctrico e a aplicación do IVA super reducido á electricidade por considerar o subministro un “servizo esencial para a cidadanía”.

Na actualidade a ‘pobreza enerxética’ afecta a 100.000 fogares galegos, unhas 300.000 persoas en Galicia, que teñen dificultades para afrontar o pago do recibo da luz a causa da precariedade salarial, o aumento das «infravivendas», os «elevados prezos» da enerxía e as solucións «insuficientes» por parte das administracións públicas.

Os convocantes lembran o caso de Rosa, unha muller de 81 anos que morreu hai semanas en Reus nun incendio causado por unha das candeas coas que tiña que alumear a casa dende dos meses antes. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.