Vigo al minuto

O Corredor do Morrazo reábrese durante 20 días

A Xunta reabrirá este mércores 21 de decembro a partir das 17.00 horas o tráfico no Corredor do Morrazo e o manterá en servizo ata o vindeiro 8 de xaneiro, con motivo da operación especial que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) activa no período vacacional.

Este corredor leva pechado dende o pasado 2 de novembro no treito comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e o enlace de Meira, polas obras de conversión desta infraestrutura en autovía. Despois do Nadal, o 9 de xaneiro, o Corredor volverá a pecharse ao tráfico ata ata o remate das voaduras máis importantes. 

A Xunta tomou esta resolución despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores. Esta alternativa “minimiza riscos e concentra os traballos de maior entidade no menor tempo posible”, reducindo case á metade o prazo de execución dos desmontes previstos, segundo apuntan dende a Xunta.

A pesar do reforzo de información e da sinalización de alternativas, en horas punta a densidade de tráfico na zona é importante, chegando a colapsarse nalgúns intres sobre todo durante os primeiros días.

También te puede interesar