Ciencia y Tecnología

@depo_es pon en marcha a campaña ‘Xogamos? Comámonos un pouco o coco’ contra os xogos sexistas e violentos

A Deputación de Pontevedra  vén de reeditar a campaña para o impulso e adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos coincidindo co inicio das compras do Nadal. A campaña, que comezou o ano pasado, renóvase nesta ocasión para contar cunha nova imaxe e cun noxo xogo, o «comecocos», que se materializará nunha figura recortable que aparecerá nos medios de comunicación impresos.

A presidenta do organismo provincial asegurou durante a presentación desta campaña que «especialmente nestas datas sempre recibimos publicidade de xoguetes que perpetúan os estereotipos e roles de xénero que foron asignados socialmente». Estas publicidades, afirmou Carmela Silva, «emiten mensaxes dirixidas ás nenas sobre coidado, beleza, tarefas do fogar en seccións de cor rosa e aos nenos relacionadas co deporte, ciencia ou aventura en seccións de cor azul. As nais e pais non deben permitir que as empresas de xoguetes impoñan roles ás nenas e nenos e debemos loitar contra isto dunha maneira moi activa, xa que é unha obriga dunha administración pública que cre nunha sociedade igualitaria onde todas as persoas teñan as mesmas liberdades».

A segunda campaña de sensibilización de xogos e xoguetes non sexistas nin violentos leva por nome «Xogamos? Comámonos un pouco o coco. A diferenza non a marques ti» e consiste no tradicional «comecocos», un xogo «divertido e motivador, no que poden participar tanto nenas e nenos sen distinción, interaccionando e favorecendo así a súa comunicación», asegurou a presidenta, que engadiu que «queremos que as cativas e cativos personalicen o seu comecocos e inclúan todos os xogos que se lles ocorran».

A Deputación propón xa unha serie de xogos: «O conto do revés (conta un dos teus contos dándolle a volta ás personaxes)», «Na procura do tesouro (agocha un tesouro e dá as indicacións frío ou quente segundo se acheguen ou afasten del)», «Eu de maior quero ser (con mímica dille ó grupo cal é a túa profesión favorita)», «O tres en raia (pinta unha cuadrícula con 9 ocos e a facer tres en raia)», «Tira a lata (constrúe unha torre con 10 latas seguindo o esquema 4,3,2,1 e logo tira a bola)», «A cidade imaxinaria (usa a túa imaxinación e crea a cidade con calquera material que atopes na cidade na que che gustaría vivir)», «A comba» e «O xogo da cadeira (cando pare a música tes que atopar sitio para sentar)».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.