Vigo al día

A @depo_es investirá 1,2 millóns nos montes pontevedreses para frear os lumes

A Deputación de Pontevedra porá en marcha unha liña de axudas para mellorar os montes da provincia alcanzará 1,2 millóns de euros. O proxecto, que pretende frear os lumes ou minimizar o seu dano, valorará as propostas que poñan en valor a paisaxe e creen explotacións complementarias á madeireira, xa sexan micolóxicas, gandeiras ou doutro tipo.

A Deputación recibiu nos últimos días a autorización da Xunta para poder abrir a liña de axudas provincial, polo que nos vindeiros días se remitirán as bases das liñas de subvención aos concellos para que realicen as súas aportacións. Estímase que no mes de febreiro poderán estar xa aprobadas.

A gran novidade é que se van xuntar os 600.000 euros previstos para 2016 xunto con outros 600.000 incluídos no orzamento da Deputación para 2017. Diferenciaranse dúas liñas de subvención. A primeira terá 360.000 euros e destinarase á redacción de proxectos de intervención no monte para organizar as actuacións. A segunda liña (con ata 840.000 euros) servirá para financiar tarefas de prevención de incendios e freado de lumes, posta en valor paisaxística e ambiental, así como de actuación sobre o solo e revexetación. Tamén se considerarán as explotacións complementarias, como poden ser as micolóxicas, de cultivo de froitos ou incluso as gandeiras, que poderán beneficiar os terreos de monte debido a que os animais utilizarán a biomasa do monte como alimento.

Unha das esixencias para optar ás axudas será que o ámbito de actuación debe ser dun mínimo de 50 hectáreas, polo serán fundamentais os acordos entre diferentes comunidades de montes. A intención é crear ámbitos globais de actuación.

 

También te puede interesar