Ciencia y Tecnología

A @uvigo lidera un proxecto para analizar se o transporte de humidade atmosférica é responsable do desxeo ártico

A preocupación polo avance do cambio climático e do seu impacto no planeta é unha das grandes cuestións que atrae a atención da comunidade científica internacional. Neste marco, un dos seus focos prioritarios de atención é a situación do Ártico e do desxeo que está a padecer nas últimas décadas. O interese neste enclave débese ao feito de que a zona ártica é a primeira na que se manifesta o impacto do cambio climático e porque modificacións nela teñen consecuencias para o resto de planeta.

O Environmental Physics Laboratory, o Grupo EPhysLab da Universidade de Vigo, iniciou este ano un proxecto con financiamento estatal e participación internacional no que está a analizar en que medida o transporte de humidade atmosférica é responsable deste desxeo ártico.

O proxecto está financiado con 146.410 euros pola convocatoria do Ministerio de Economía e Competitividade para proxectos de investigación I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade do ano 2015.

Os investigadores principais do estudo, que se desenvolverá durante tres anos, son Luis Gimeno e Raquel Nieto, do Grupo EPhysLab. Tamén participan Lisan Yu, oceanógrafa do Woods Hole Oceanographic Institution de Estados Unidos, e Diego Miralles, docente na Universidade de Gante e investigador na de Amsterdam, recentemente galardoado cunha ERC Starting Grant e recoñecido experto internacional en temas de evaporación terrestre.

Os investigadores de EPhysLab Luis Gimeno e Raquel Nieto

“O Ártico é a rexión do planeta que antes se quenta, que antes padece os efectos do quecemento global, e os efectos dese quecemento non só afectan a esta zona senón que inflúen en todo o planeta”, explica Luis Gimeno. “Se tivésemos que elixir unha rexión onde os efectos do quentamento global serán máis pronunciados e ao mesmo tempo onde eses cambios poderán afectar ao clima global, esa rexión sería sen dúbida o Ártico”, engade Raquel Nieto. Estes cambios, indican os investigadores, traen consigo “enormes repercusións socioeconómicas, ambientais e científicas” e “unha enormemente preocupación por saber como e en que medida este quecemento vai afectar ao resto de rexións”.

Detrás deste vínculo entre o clima global e o sistema ártico está, sinalan os líderes do proxecto, a rama atmosférica do ciclo hidrolóxico. “Cambios no transporte de humidade atmosférica téñense proposto como vehículo para interpretar os cambios máis significativos na rexión ártica. Isto é así porque o transporte de humidade desde rexións extratropicais ao Ártico incrementouse nas últimas décadas e se agarda que se incremente aínda máis co quecemento global”, subliña Raquel Nieto. Este incremento, engade, “pode ser debido a cambios na circulación atmosférica que alteren as fontes de humidade ou cambios na intensidade das fontes ao incrementarse a evaporación, ou a unha combinación de ambos mecanismos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.