RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 1.600 nenos galegos contactarán con Papá Noel por videoconferencia

Máis de 1.600 alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Os escolares de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT, un intercambio de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10.00 horas, cunha duración de media hora en cada aula.

Por toda Galicia

Nos seguintes días, ata o 21 de decembro conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, Barreiros, Beariz, Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Marín, Muros, Narón, Ourense, Ortigueira, Oroso, Quiroga, Ribeira, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel.

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa.

 

 

También te puede interesar