Destacados Vigo al minuto

A @depo_es mellora a sinalización da estrada ao campus da @uvigo

A Deputación de Pontevedra iniciará nos vindeiros días a mellora da sinalización horizontal e vertical da estrada provincial que dá acceso ao campus Universitario no concello de Vigo para solucionar os problemas de seguranza viaria que presentaba. Trátase dunha actuación “urxente e necesaria”, xa que pola vía transitan máis de 5.000 vehículos diarios de media e hai deficiencias de visibilidade que impiden unha correcta mobilidade para os peóns e os vehículos que van ao campus.

A mesa de contratación propuxo a adxudicación á empresa ‘API Movilidad’, que presentou unha oferta de 68.530 euros, a mellor das 13 presentadas. Grazas á actuación, a estrada provincial EP-2005 entre Meixoeiro e o campus universitarios, verá substituídos os sinais verticais deteriorados. Instalaranse outros novos de reforzo, tanto de seguranza viaria como de localización, e pintaranse bandas transversais continuas sonoras reflectantes nos laterais da estrada.

Estes elementos, xunto aos catafaros reflectantes pegados ao asfalto permitirán marcar correctamente o trazado da vía e evitar que os condutores se saian da calzada en días de néboa e chuvia intensa, bastante habituais na zona do campus. Por outra banda, tamén está previsto cambiar as barreiras de seguridade laterais acoplándolles proteccións para motoristas (banda dupla) coa finalidade de mellorar a seguranza viaria nas zonas de desniveis e de curvas.

A actuación ten un prazo de execución de dous meses logo de realizar o replantexamento da obra. Dado que a contratación formalizarase en Xunta de Goberno a este mes, a sinalización estará instalada, se as condicións climatolóxicas o permiten, no mes de febreiro.

También te puede interesar