Comarcas

@ConcelloNigran restaura e reorienta o reloxio de sol polar situado en Praia América

reloxioO Concello de Nigrán ven de restaurar e reorientar o reloxio de sol polar ubicado fronte a “fonte seca” de Praia América-Lourido. A actuación enmárcase no convenio de 13.300€ asinado coa Deputación de Pontevedra para mellorar o Sendeiro Azul que discorre polo areal ata Panxón.

Así, xunto ao traballo de restauración da citada fonte  e o seu entorno recuperouse esta peza labrada en pedra que estaba prácticamente abandonada nesta misma área e que agora preside un espazo recén axardinado. Trátase dun reloxio solar polar “en escocia”-a escocia é o arco sobre o que se proxecta a sombra, que ten marcadas as horas- e que carece de agulla: a hora a marca a sombra do sol sobre o arco.

reloxio1“Queremos protexer ao máximo o noso patrimonio e darlle o valor que merece, é incomprensible que esta peza tan singular permanecese prácticamente abandonada”, sinalou o alcalde, Juan González. Nesta liña, un panel informativo ao seu carón recollerá a información básica sobre o reloxio.  

También te puede interesar