RGPD - Cookies
Galicia

Alumnas e alumnos galegos menores de 15 anos melloran en matemáticas, ciencias e lectura

pisaAs rapazas e rapaces galegos menores de 15 anos melloran o seu rendemento en matemáticas, en concreto en 5 puntos, e en 10 puntos en lectura e mantense en ciencias, segundo os datos do informe do Programa para a Avaliación Integral de Alumnos de 2015 (PISA), que se coñeceu este martes.

O informe PISA achega por primeira vez datos de todas as comunidades en lectura, ciencias e matemáticas. Polo que se refire a Galicia, as alumnas e alumnos obteñen rendementos superiores nos tres indicadores aos do conxunto estatal que, por primeira vez  supera á media dos países da OCDE  e da Unión Europea que, nos dous casos, baixan o seu rendemento.

También te puede interesar