RGPD - Cookies

ACADAR forma a rapazas e rapaces contra a violencia cara as mulleres con discapacidade

estudantesA Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), está levando a cabo na provincia de Pontevedra, o Proxecto Formativo “VIO7 -Ver para erradicar” dirixido a 60 estudantes de Ensino Secundario Obligatorio (ESO).

Este proxecto, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo fomentar a detección e erradicación das distintas formas de violencia, cara as mulleres con discapacidade.

Esta formación, que comezou en novembro e rematará a finais de decembro, estase impartindo en dous institutos: o IES Alvaro Cunqueiro de Vigo e o IES Proval de Nigrán. Os contidos están divididos en dous bloques: Igualdade e Discpacidade e Prevención da Violencia de Xénero, sempre cunha formación interactiva e participativa, buscando o debate do alumnado e empregando materiais audiovisuais e casos prácticos.

Os horarios dos Obradoiros son, durante o mes de decembro: Escolas Provas, curso 2ºA, do 13 ao 20 de decembro, de 13:40 a 14:30 h.; IES Álvaro Cunqueiro, curso de 2º A, o 12 e 14 de decembro, de 17:20 a 10:10 h. e de 12:20 a 13:30 h. e o IES Proval, clase de 2º B, do 13 ao 20 de decembro de 13:40 a 14:30 h.

También te puede interesar