Vigo al minuto

Vigo dará cor a 15 medianeiras novas

vigo-cidade-cor

O III Programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana bota a andar en Vigo tras a súa aprobación por parte da Xunta de Goberno Local.

Cun importe de 350.000 euros, incluirá 15 actuacións e que se desenvolverá en dúas fases: unha primeira na que se seleccionarán os espazos, artistas e centros educativos que queiran participar e a segunda na que se executarán os murais e outras expresións artísticas.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor o programa na súa terceira edición como “unha gran acción cultural” que ten espertado o interese doutras cidades de España que xa contactaron coa cidade para informarse do desenvolvemento do programa.

Investimento de 2 millóns de euros nas parroquias

Por outro lado, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á adxudicación de contratación das obras de renovación de firmes en vías municipais nas diferentes parroquias. Os primeiros dous lotes supoñen unha inversión de 574.890 euros que, sumados aos outros dous lotes que están en proceso de tramitación, acadarán os 2 millóns de euros destinados ao rural.

A esta cifra engadiráselle 3,5 millóns de euros que dedican Deputación de Pontevedra e o Concello na vía do Porto en Beade. Quedou tamén adxudicada a contratación de obras de humanización da rúa Vía Norte entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Hernández cun prezo total de 1.085.000 euros.

Ademais a Xunta de Goberno, aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de reforma da Grada de Río do Estadio Municipal de Balaídos cun orzamento de 5,5 millóns de euros queinclúe actuacións na cuberta, nos asentos, na accesibilidade ou na separación contigua á grada.

También te puede interesar