Vigo al minuto

@En_Marea pide solucións urxentes para paliar os altos niveis de ruido na entrada da AP-9 en Vigo

263275_npadvhover

En Marea esixe solucións urxentes para os problemas de ruído que soportan os vigueses no tramo de entrada da AP-9 en Vigo. A través dunha pregunta parlamentar ao Ministerio de Fomento, a portavoz de no Congreso, Alexandra Fernández, alude ao Plan de Actuación contra o Ruido do Ministerio, no que se indica que unhas 2.000 persoas en Vigo están sometidas a un volumen de impacto acústico superior ao Obxecto de Calidade Acústica fixado en menos de 65 decibelios durante o día e 55 durante a noite.

Fernández chama a atención sobre un dos barrios vigueses que sofren este problema con maior intensidade, Teis, onde se calcula que unhas 600 vivendas con 1.600 persoas vense afectadas por esta situación.

A agrupación urxe a Fomento a demandar medidas á concesionaria dado que o tramo de entrada a Vigo, de case 4 quilómetros, é un dos que ten un maior impacto acústico. Nas informacións publicadas, este punto é sinalado por Fomento como «punto prioritario». Apúntanse a solucións como a instalación de barreiras ou paneis anti ruido, algo longamente demandado polos veciños e veciñas, e outras solucións técnicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.