Comarcas

Arbo rende homenaxe aos seis veciños asasinados no levantamento militar de 1936

arbo-homenaje-republica

O Grupo pola Recuperación da Memoria Histórica de Arbo organiza o vindeiro 18 de decembro un acto de homenaxe aos seis homes que foron asasinados nos primeiros meses do levantamento militar de 1936. Eran seis veciños da localidade: o concelleiro Telmo Rodríguez, o torneiro Amadeo Álvarez, o mestre Juan Alonso, o médico José Gómez, o empresarios agrario Alfonso Alonso e o mestre Joaquín Antonio Álvarez.

Os actos comezarán ás 11.00 horas coa colocación dunha placa colectiva conmemorativa e de placas nas casas dos homenaxeados, un acto para que «as seis familias familias dos represaliados sintan o cariño e o apoio de centos de persoas que son conscientes da necesidade de avanzarnos na recuperación da memoria histórica».

Ás 14.00 horas celebrarase un xantar de confraternidade para o que é necesario inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou a través do teléfono 645 950 599.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.