Vigo al minuto

O presidente Feijóo xustifica que Pemex non cumpra, por problemas económicos, o seu compromiso de facer outro flotel en Barreras

flotelO presidente do Goberno de Galicia xustificou este xoves que Pemex non faga o segundo flotel en Barreras, como anunciara e dacordo co compromiso da firma mexicana, polos problemas que sofre por mor do afundimento dos prezos do petróleo.

Alberto Núñez Feijóo, quen no seu día prometeu que daría explicacones se a petroleira mexicana non cumplía o seu contrato,  respondeu “enténdese perfectamente a decisión Pemex”, cando os xornalistas preguntáronlle por este tema na rolda de prensa que seguiu á reunión do Executivo.

O presidente explicou que Pemex, tal e como lle dixo o director de Pemex durante un xantar entreos dous, o pasado mércores, factura na actualidade “menos da metade” de cando aprobara a renovación da súa flota.

Dende agora, Pemex no comprará barcos e recurrirá ao alugueiro, se fose necesario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.