Cultura

@En_Marea pregunta a Goberno pola cota de xarda da frota galega

Alexandra Fernández, deputada de En Marea/vigoalminuto.com
Alexandra Fernández, deputada de En Marea/vigoalminuto.com

Os deputados de En Marea, Antón Gómez-Reino e Alexandra Fernández, presentaron unha pregunta por escrito ó Goberno para coñecer a cota de xarda que lle corresponde á frota galega do cerco para o próximo 2017.

O Ministerio de Agricultura anunciou que a cota asignada ó estado español para o seguinte exercicio 2017 aumentará nun 8% respecto á asignada en 2016, aínda que o sector da pesca galega acolleu con «cautela e prudencia» esta decisión. «O Ministerio amosouse triunfalista con este aumento, pero hai que ter en conta o desconto das 5.500 toneladas por sobrepesca en 2009″, sinalaron os deputados.

A cota para o estado español de xarda incrementaríase ata as 38.431 toneladas, pero despois da multa redúcese ata as 32.931.

En Marea tamén fai unha comparación coa cota asignada a Reino Unido, de 240.000 toneladas, a pesar de que en breve sairá da Unión Europea.

Ante esta situación, e dado que en 2017 remata o Plan de Xestión da especie e ademáis efectivizarase a probable saída do Reino Unido da UE,  En Marea pregunta ó Goberno se será revisado o reparto de cotas para unha distribución máis equilibrada tendo en conta o peso de frotas como a galega e a necesidade de garantir un futuro viable a un sector que en Galicia fixa poboación nas localidades costeiras e dinamiza a economía. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.