Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis volverá a manifestarse para esixir un Vitrasa directo ao Cunqueiro

cartazteisbushac_mani0811_v1A Asociación Veciñal de Teis informa de que, “logo do éxito das mobilizacións do pasado 27 de setembro, do 11 e 25 de outubro”, convoca unha nova manifestación este martes 8 de novembro ás 7 da tarde dende o mercado de Teis.

Os responsabeis da asociación sinalan que “Abel Caballero,  impediu que un representante noso intervirá no pleno que se celebra esta mañá, para expor a reivindicación da mellora do autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro.  A quen ten medo Abel Caballero? A participación veciñal ?,  A que se denuncie  no pleno a  as reivindicacións  da veciñanza, como neste caso a mellora do  transporte urbano?.”

Os veciños, indica, xa denunciaron este “novo veto” diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo,ao entender que é unha decisión inxustificada e que conculca o dereito a participación cidadá.

“Xa levamos recollidas até o de agora 3.400 sinaturas, para reivindicar do Concello, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro”, engade, e subliñan que dende a apertura do novo hospital, “disto fai un ano”, as queixas son continuas da veciñanza que utiliza o autobús urbano.

A Asociación lembra que a veciñanza de Teis, ten que desprazarse ate a Casa das Artes, en  García Barbón, ara coller o bus H1, ou até os Choróns, para o H2 epoder conseguir un enlace para ir ao novo hospital. “Non hai ningunha liña que pase ou saia da parroquia de Teis. A liña H1, non funciona nin sábados, domingos e festivos”.

Ademáis, insisten en que unha parte importante dos usuarios son persoas maiores e supón un problema ter que coller varios autobuses, os domingos e festivos chegar ao Álvaro Cunqueiro supón un esforzo enorme para visitar aos familiares. “Temos un hospital con moitas deficiencias e a maiores carecemos dun bo transporte urbano que nós permita chegar ao hospital desde Teis”.

Desde a Asociación entenden que debe ser unha prioridade mellorar a conexión do autobús urbano co hospital desde Teis e que o Goberno local ten que esixir a Vitrasa que mellore este servizo debidamente e que atenda as demandas dos cidadáns.

A Asociación indica que xa solicitou dúas xuntanzas coa Concellaría de Transporte unha o pasado ano e outro neste, “sen recibir até o de agora ningunha resposta” e repiten a súa proposta: que a liña H2 e H1 sexan ampliadas até Teis e que a liña H1 funcione os sábados, domingos e festivos e cunha frecuencia de 30 minutos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.