Galicia

O 38% dos incendios en Galicia comezan de noite e, o 8%, con varios focos

incendio-covelo-18

O informe da Consellería de Medio Rural que avalía a causa dos incendios da última década en Galicia non desvelan nada novo: o 75% dos lumes forestais producidos na comunidade galega son intencionados. O que si debulla é cando e onde se producen: o 30% se iniciaron pola noite, un 8% comezou con máis dun foco de xeito simultáneo e o 14% dos incendios concéntranse nas coñecidas como parroquias de alta actividade incendiaria, pese a supoñer só o 3,6% da superficie de Galicia.

No que vai de 2016 a porcentaxe de intencionalidade nos lumes mantense por riba do 73%, mentres que entre o resto as causas máis habituais son as neglixencias ou accidentes provocados por escapes de queimas durante o inverno, o uso de maquinaria ou o emprego de artefactos pirotécnicos.

Arredor do 30% dos incendios dos últimos 10 anos se rexistraron entre as 21:00 e as 7:00 horas, unha porcentaxe que se eleva ata o 38% no que vai de 2016.

Así mesmo, cómpre salientar que as 67 parroquias de alta actividade incendiaria acumulan máis do 14% dos lumes no último decenio, e o 12,43% dos lumes neste 2016. E, mentres na media de Galicia a taxa de intencionalidade está no 75%, nestas parroquias dispárase ata o 86,67%.

Neste 2016 a Garda Civil e a Policía Autonómica investigaron na comunidade a 68 persoas pola presunta autoría de 114 incendios forestais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.