Comarcas

A Festa da Lamprea busca cartel para a súa vindeira edición

festa-lamprea-cartel-2016A Festa da Lamprea busca cartel co que ilustrar a súa 57 edición. O Concello de Arbo acaba de convocar o concurso de carteis para a LVII Festa da Lamprea, que terá lugar os vindeiros 28, 29 e 30 de abril de 2017.

Poderán participar neste concurso todos aqueles interesados que teñan unha idea para o cartel que promove a principal festa gastronómica do municipio, que terán ata o vindeiro 23 de decembro para presentar as súas propostas.

As propostas serán entregadas a lo menos en soporte físico (papel, tela, cartón…) en tamaño mínimo A3 que os participantes consideren axeitados e en soporte dixital de máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante.

Nos carteis deberá incluirse de xeito correcto as datas da festa, as letras e a edición do ano 2017, xa que calquera erro nalgún destes aspectos determinará a exclusión do cartel. Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage…

O gañador do concurso será premiado con 600 euros, mentre que o que acade o segundo posto conseguirá 300 euros e o do terceiro posto 100. Para máis información pódese visitar a web do concello de Arbo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.