Cultura

A @depo_es e Afaga organizan unhas xornadas sobre demencias, que padecen 100.000 persoas en Galicia

deputacion-xornadas-afaga

A Deputación de Pontevedra colabora con Afaga, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia, na organización das XIV Xornadas Profesionais Alzheimer, que se van desenvolver os próximos días 11 e 12 de novembro no Teatro Afundación de Vigo. Pretenden converterse nun punto de encontro para todos e todas os profesionais relacionados con esta doenza.

Dende 2002, Afaga organiza esta iniciativa co obxectivo de formar e informar sobre o Alzheimer e outras demencias. Todos os colectivos implicados consideran que unha atención integral e adecuada ás persoas con Alzheimer só se pode conseguir mediante a preparación e a sensibilización dos axentes implicados, e de aí a necesidade e a importancia de eventos coma este.

As xornadas comezarán o venres 11 de novembro, ás 19.00 horas, cunha conferencia inaugural, a cargo do presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, o xeriatra Miguel Vázquez, sobre novos retos na atención sociosanitaria das persoas con vulnerabilidade cognitiva. Ao día seguinte, o sábado 12 de novembro, desenvolveranse varias mesas redondas. A primeira será ás 09.00 horas, baixo o título “Deterioración cognitiva: investigación e aplicación prácticas”. Ás 11.00 h terá lugar unha segunda mesa sobre “Alerta e medidas de protección para as persoas con vulnerabilidade cognitiva”. Por último haberá outra mesa redonda sobre “Toma de decisións difíciles na atención á demencia avanzada”.

As persoas interesadas en participar nas XIV Xornadas Profesionais Alzheimer poden anotarse ata o vindeiro 7 de novembro. As persoas en situación de desemprego, estudantes e colaboradores de Afaga terán que pagar 30 euros, mentres que os profesionais terán que aboar 40 euros. As persoas colexiadas de Fisioterapia e Psicoloxía de Galicia dispoñen dun 15% de desconto.

Os últimos datos de Afaga falan de que preto de 30.000 persoas na provincia de Pontevedra sofren demencia e algo máis de 100.000 en toda Galicia. Destas persoas, calcúlase que o 70% padecen alzheimer. Polo tanto, estímase que na provincia de Pontevedra padecen Alzheimer preto de 21.000 persoas e unhas 70.000 en toda Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.