Comarcas

@depo_es concede préstamos sen xuros por máis de 750.000 euros a catro concellos

deputacion-prestamos

 

A  Deputación de Pontevedra asinou este mércores os préstamos sen xuros para os concellos de O Grove, Cuntis, Valga e Vilanova que suman máis 750.000 euros para afrontar diversas obras nos seus municipios.

En 2016, por primeira vez a Deputación provincial leva a cabo esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios. No anterior Goberno provincial, os xuros se situaban no 2%. Para este ano a Deputación adicou aos concellos 1,5 millóns de euros para estes prestamos sen xuros.

Para o concello de O Grove hoxe se rubricaron dous convenios distintos, ambos correspondentes ao ano 2014, pero ante a imposibilidade de levar adiante as obras que financiaban, o alcalde, José Cacabelos, decidiu solicitar a Deputación a modificación do fin das obras e manter os préstamos. Así se aproba un primeiro anticipo de 150.000 euros que estaba previsto que sufragara un ximnasio para a construción de pistas de padel e a súa cuberta. O segundo, ten un valor de 250.000 euros e muda tamén a súa finalidade, que era para un centro de interpretación de ribeira e acabará financiando obras de saneamento en Estonllo e Reboredo, melloras no mercado e no cemiterio municipal e para a senda entre Virxe das Mareas e Porto Meloxo.

No caso do concello de Cuntis, trátase dun préstamo sen xuros por valor de case 97.ooo euros para arranxos en diversas pistas deterioradas polos temporais de inverno.

O préstamo do concello de Valga tamén é unha modificación do solicitado no 2015. Trátase dun crédito de 65.000 euros que foron pedidos para a pavimentación na estrada EP 8501 entre Valga e Martores e agora adicarase a financiar diversos arranxos dos danos causados polos temporais de inverno.

Por último, no caso de Vilanova o préstamo sen xuros de 200.000 euros está adicado a cumprir coa resolución do 29 de xaneiro de 2016, do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, e afrontar o pagamento de facturas pendentes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.