Destacados Vigo al minuto

Un millar de escolares aprenden con profesionais do Sergas técnicas de RCP

rcp

Os nenos salvan vidas. Ese é este ano o lema do Día Europeo de Concienciación ante o Paro Cardíaco, que o hospital Álvaro Cunqueiro celebrou sensibilizando a mozos e mozas sobre a importancia da morte súbita e estimulando a educación sanitaria nas técnicas de reanimación cardiopulmonar ou RCP.

Un equipo de 18 profesionais sanitarios do Servizo de Medicina Interna desprazouse este venres a seis institutos da cidade (O Castro, Carlos Casares, Ricardo Mella, Pino Manso, Primeiro de Marzo e Beade) para dar a coñecer aos estudantes unhas nocións básicas da reanimación cardiopulmonar.

En total, case un millar de mozos e mozas participaron nesta actividade, na que puideron visualizar un vídeo realizado polo propio persoal do servizo, que ensina os pasos que deben seguirse na atención a unha vítima que sofra un paro cardíaco, así como o adestramento na realización das técnicas de RCP.

O 061 atende en Galicia unhas 780 incidencias por morte súbita ao ano fóra do hospital, polo que «calquera persoa, tamén os nenos e adolescentes, poder ser testemuñas dunha parada cardiorrespiratoria, de aí a importancia de formar á poboación en coñecementos sobre reanimación cardiopulmonar», segundo asegurou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. O momento idóneo para comezar a formarse neste campo é xa na escola e nos institutos, para que dende moi nova a cidadanía saiba que facer nestas situacións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.