Comarcas Galicia

Nigrán habilita 9 semáforos acústicos para invidentes activados a través de bluetooth

nigran-semaforos-acusticos

O Concello de Nigrán acaba de habilitar 9 semáforos acústicos para invidentes que se activan a través do móbil grazas ao receptor de bluetooth co que se dotou ao módulo verde de peón.

Este mecanismo permite que o sinal acústico funcione só cando detecta a presenza doutro sinal de bluetooth procedente do teléfono móbil dun invidente, suprimindo así o inconvinte de que soe indiscriminadamente todo o tempo que está en verde para peóns e de que se elimine pola noite para evitar molestias aos veciños, como usualmente se fai.

O dispositivo foi instalado en nove aparatos das rúas Rosalía de Castro, Estrada pola Vía, Val Miñor e Pablo Iglesias, nos pasos de peóns das zonas urbanas máis empregadas, por un importe case 11.000 euros.

Actualmente este sistema só funciona nas grandes urbes como Vigo e supón a gran vantaxe de que non molesta aos veciños e ao mesmo tempo está sempre operativo para quen o precisa nese intre, xa que o sistema tradicional consistía en apagar o sinal acústico toda a noite ou en reducir o volume, resultando polo tanto ineficaz.

O sistema, instalado pola empresa viguesa Esycsa, evita a sustitución do semáforo, simplemente se acopla un pequeno módulo con altofalante integrado e con receptor de bluetooth. Ademáis, conta con receptor de radiofrecuencia para os que prefiran empregar un mando a distancia que facilita a ONCE aos asociados e que permite activar a petición de sinal acústica antes de chegar ao paso de peóns.

Calquera teléfono é válido para este uso, non é preciso que sexa smarthphone, simplemente é necesaria a modificación da configuración da sinal de bluetooth.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.