Ciencia y Tecnología Galicia

O tempo en vivo e en directo en 20 cidades a través de @MeteoGalicia

meteogalicia-camaras

Meteogalicia está rematando de despregar unha rede de cámaras web para retransmitir imaxes en directo de diferentes puntos de Galicia que poderán ser consultadas desde este mesmo venres a través da súa web ou da aplicación gratuíta para móbiles.

Nestes intres hai en servizo 11 cámaras nos concellos de Cariño, Cedeira, A Coruña (Dique Barrié de la Maza e Punta Langosteira), Camariñas, Lira, Ribeira, Vilanova de Arousa, Cuntis, Cervantes e Carballeda de Valdeorras.

Pero a finais de 2016 engadiranse á rede outras 9 cámaras nas localidades de Ribadeo, Burela, Viveiro, Porto do Son, Marín, Bueu, Vigo, Cangas e A Guarda.

A maior parte das cámaras estarán instaladas na costa galega gracias á colaboración de Portos de Galicia para a instalación das cámaras costeiras, do Porto da Coruña para as imaxes de Punta Langosteira e do dique Barrié de la Maza e do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas para as cámaras das Illas Cíes.

Tanto na web como na aplicación poderán consultarse as imaxes obtidas cada cinco minutos, ademais dunha animación do día en curso e información meteorolóxica do lugar, como estado do ceo, temperatura e vento. O obxectivo é que os usuarios poidan observar directamente o estado do ceo, a dirección do vento ou o estado da mar.

También te puede interesar