Deportes

O campo do Chapela, escenario do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela

trofeo-redondelaFalta apenas unha semana para que arranque o Trofeo de Fútbol Concello de Redondela, que este ano conta como novidade co cambio de datas. Ata o de agora o campeonato celebrábase en pretemporada, datas nas que todavía moitos planteis non estaban ao 100% confeccionados e con falta de rodaxe. Por este motivo, despois de consensualo cos clubs, a partir deste ano celebrarase en outubro para «gañar en identidade e competitividade».

Ente ano a competición desenvolverase no campo do Chapela CF, mentres que para o vindeiro tocaralle o turno ao do Atlético Vilar. A fase previa comezará o mércores 5 de outubro ás 21.00 horas con enfrontamento entre o Chapela e o Atlético Vilar, do que soamente un pasará á seguinte fase.

O martes 12 de outubro terá lugar a primeira semifinal ás 10.00 entre o CD Choco e o CD Cesantes e a segunda semifinal ás 12.00 horas entre o gañador da fase previa e o AD Peña Beretes. A final será ás 19.00 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.