Galicia

Rías Baixas traballa para facerse un oco como destino turístico de referencia en España

diputacion-plan-director-turismo

Nace o primeiro Plan Director de turismo Rías Baixas, co que se tratará de convertir a este enclave nun destino de referencia en toda España e que por primeira vez vaise facer en consenso entre a Deputación de Pontevedra, os concellos e o sector privado.

Por primeira vez, como salientou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a política turística da zona desenvolverase «de forma pensada e planificada, procurando o consenso cos concellos e o sector privado co obxectivo de converter ás Rías Baixas nun referente turístico nacional”.

Silva enxalzou tamén o sector turístico da Provincia, denominándoo “o motor do sector turístico galego”. Neste eido subliñou que se o turismo é un sector clave na economía da provincia, pola súa achega ó PIB e pola súa capacidade de xerar emprego e benestar, os seus obxectivos son tamén os da provincia. Por este motivo, Carmela Silva propuxo construír “un destino forte, cunha boa marca, ben situado e ben promocionado para convertelo nun escenario máis favorable e con maiores perspectivas para o traballo individual da empresa turística”.

A política promocional da Deputación estará orientada “aos produtos turísticos nos que están a traballar os operadores da provincia, desde o tradicional sol e praia ata o turismo urbano, turismo de reunións e eventos, turismo cultural, turismo de natureza, turismo enogastronómico, turismo náutico, termalismo, o camiño de Santiago, os festivais ou calquera outro segmento de produto no que se estea a traballar na provincia”.

Ademais, o novo Plan Director de Turismo aposta por unha política de comunicación orientada a incrementar a presenza da marca Rías Baixas nos mercados prioritarios e unha política de relacións institucionais orientada á colaboración con organismos e axentes con responsabilidade en materia turística, desde os propios concellos, ata a Xunta de Galicia e as cámaras municipais do Norte de Portugal.

E impulsarase un cambio radical nas políticas turísticas da institución, apostando por estratexias «modernas, vangardistas, innovadoras, nas que os concellos e o propio sector sexan os protagonistas da promoción», decidindo aquilo que queren divulgar e pensando sempre no retorno económico para as Rías Baixas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.