RGPD - Cookies
Galicia

Dous falecidos e 68 feridos esta fin de semana nas estradas galegas

ambulancia

Fin de semana negra nas estradas galegas con dous falecidos en accidente de tráfico e 68 feridos de diversa consideración. O 061 Galicia asistiu a 46 sinistros, sendo o sábado o día que máis incidentes se rexistraron, cun total de 17.

Por provincias, A Coruña foi a que máis incidentes rexistrou, cun total de 21, seguida de Pontevedra (14), Ourense (6) e Lugo (5). Entre os feridos, o 53% foron homes e o 36% tiña entre os 25 e os 39 anos.

Ademais dos dous falecidos no lugar do accidente, os servicios sanitarios trasladaron a 60 feridos a centros sanitarios, mentres que en 8 ocasións as vítimas foron atendidas no lugar do incidente.

Nesta ocasió mobilizáronse ambulancias medicalizadas para seis sinistros, o helicóptermo medicalizado para un, as ambulancias asistenciais para 54 accidentes e os médicos de Atención Primaria en sete ocasións.

También te puede interesar