Ciencia y Tecnología

Denuncian a paralización das vacantes para persoal estable na área sanitaria de Vigo

alvaro-cunqueiro

A CIG Saúde ven de denunciar a confirmación por parte da Xerencia da área sanitaria de Vigo que se paralizarán as vacantes que estaba previsto cubrir con persoal estable a partires do mes de setembro despois de que se tivera que adaptar o cadro de persoal ás necesidades xeradas polas diferentes actividades e organización funcional trala posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Dende o sindicato aseguran que esta falta de consolidación do persoal necesario para realizar as actividades diarias obriga aos traballadores a permanecer «nunha situación da máis absoluta precariedade sen poder manter estabilidade nun servizo, perdendo dereitos de vacacións e descansos, incluídos os obrigatorios entre xornadas do persoal que fai contratos por días durante o verán, e perpetuándonos nunha situación de inestabilidade» que afecta ao funcionamento de todos os servizos, onde «o persoal estable ten que formar persoal novo cada pouco tempo e cando está formado finaliza o contrato e o cambian de lugar».

Os representantes sindicais aseguran que este problema se traslada a moitos dos servizos da área sanitaria que manteñen o traballo en base a «contratos precarios mediante acúmulos de tarefas ou substitucións por días soltos de prazas estruturais xerando grandes problemas na organización e no traballo das plantas afectadas».

Desde CIG-Saúde demandan que se transformen en vacantes ás prazas necesarias para o funcionamento dos centros hospitalarios de Vigo e que esas prazas sexan cubertas por persoal interino mentres non poidan ser ofertadas a concurso de traslados e Oferta Pública de Emprego posterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.