Vigo al minuto

As oito Escolas Municipais Infantís arrancan o curso con 620 prazas

guarderia3

Arranca o curso escolar nas oito Escolas Municipais Infantís de Vigo, que este ano contarán cun orzamento de 17 millóns de euros e cun maior número de prazas.

Así hai 620 prazas ofertadas para os cativos de entre 0 e 3 anos repartidas en 72 para a Escola de Costeira-Saiáns, 80 en Bouzas, 78 en Tomás Alonso, 72 en Santa Marta-Casco Vello, 82 en Atalaia-Teis, en Santa Cristina-Lavadores 76, na escola de Mestres Goldar 78 e en Navia 82.

Cun investimeno que creceu un 35% no último ano, as tarifas permanecen conxeladas dende hai tempo. Por este motivo, unha «porcentaxe elevadísima» das familias poden empregalas de balde ao ver subvencionado o servizo polo seu nivel de renda e «as que máis pagan» aboan un máximo de 124 euros ao mes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.