Destacados Vigo al minuto

O Concello de Vigo dará 550.000 euros entre 159 entidades deportivas

deporte tenis

O Concello de Vigo concederá un total de 550.000 euros a 159 entidades deportivas, o que supón un incremento significativo na partida económica con respecto ao ano pasado. No 2015, esta convocatoria contaba con 430.000 euros, co que os recursos deste ano ao efecto aumentaron nun 28%.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou que o próximo ano haberá un novo incremento, dos mesmos niveis, na dotación orzamentaria deste programa, xa que o obxectivo municipal pasa por duplicar a achega ao deporte vigués.

Este ano o Goberno municipal adica ao deporte de base un total de 1,4 millóns de euros, xunto a 600.000 euros máis destinados aos clubs deportivos vigueses de elite.

Outras axudas

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a concesión de subvencións de Igualdade a entidades sen ánimo de lucro, respaldando con 76.000 euros o traballo de 49 organizacións nos seus programas e actividades de apoio á igualdade.

Tamén validou a subvención mediante convenio de 40.000 euros á Asociación Amigos da Ópera para levar adiante o ‘Outono Lírico 2016’. A achega municipal é a maioritaria dos entes públicos e fará posible un programa de conferencias, proxeccións e representacións de obras como ‘Pescadores de Perlas’ e ‘Nabucco’ durante os meses de outubro e novembro no Teatro Afundación.

También te puede interesar