RGPD - Cookies
Comarcas

Piden a inclusión das praias fluviais de Salvaterra no censo de zonas de baño de Galicia

praias_fluviais1

En Salvaterra existen diferentes praias fluviais no río Tea e Miño polas que se calcula que pasan cada semana unhas 200 persoas entre veciños da zona, vila e localidades próximas que se achegan a estes lugares de baño, pero ningunha esta incluída de forma oficial no censo de zonas de baño de Galicia, polo que non están sometidas a ningún control da calidade das súas augas.

Estas praias atópanse en diferentes parroquias de Salvaterra, contando todas elas cun bo acceso e a maioría con merendeiros. No río Tea destacan a de Abelán na parroquia de Fornelos, Cordeiro en Alxén e os Muíños en Salvaterra. Tamén no río Miño a de Bogal na parroquia de Oleiros.

Por este motivo, a Asociación Lazoiro pide a inclusión no censo de zonas de baño de Galicia ao amparo da Lei 14/1986, do 25 de abril, que prevé que as actividades e produtos que, directa ou indirectamente, poidan ter consecuencias negativas para a saúde, sexan sometidos ao control das administración públicas.

Unhas destas actividades é o uso recreativo da auga, en concreto as zonas de augas de baño naturais. Entre eses beneficios, estaría poder consultar en liña o estado da auga en todo momento e incluso en caso de que se volvese a repetir algúns dos verquidos que nos últimos anos tiveron lugar no río Tea, entre o que destaca o do vertido de sosa cáustica en Mondariz.

Desde a asociación saeguran que esta situación deixa «en desamparo» ás persoas que se bañan no río Tea en Salvaterra, xa que o último punto recoñecido como zona de baño «atópase en Ponteareas, esquecéndose por tanto do treito final que vai até a desembocadura no río Miño».

A asociación Lazoiro vén de solicitar de forma oficial a incorporación detas praias no censo de zonas de baño de Galicia ante a Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, así como de poñelo en coñecemento do Concello de Salvaterra para que tome as medidas necesarias.

También te puede interesar