Comarcas

@depo_es retirará os vehículos abandonados en 37 concellos

coches abandonadosA Deputación de Pontevedra vén de asinar un convenio para a retirada e tratamento de descontaminación dos vehículos abandonados ou fóra de uso ao que se adheriron 37 concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes.

A institución provincial, consciente do aumento do número de vehículos que se atopan nesta situación e da contaminación ambiental e visual que xeran, mantén deste xeito o seu compromiso cos concellos e cun dos seus fins principais: o de garantir a prestación integral e axeitada dos servizos de competencia municipal, entre os que se atopan a recollida e xestión de vehículos.

Este servizo, que non terá ningún custo para os municipios, suporá que a empresa adxudicataria, Vigoto Uno S.L., deberá retirar os vehículos nun prazo non superior a cinco días despois de que dende os Concellos se lle requira. O convenio ten un período de validez de dous anos a contar dende a súa sinatura, pero poderá ser prorrogable por outros dous no caso de que ambas as dúas partes así o acorden.

Os 37 concellos beneficiarios deste convenio son Agolada, Arbo, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cotobade, Covelo, Crecente, A Estrada, Forcarei, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.