Vigo al minuto

O comité de empresa de Althenia pide un novo concurso público de parques e xardíns en Vigo

samilO comité de empresa de Althenia, a encargada da contrata de parques e xardíns en Vigo, pide ao Goberno municipal que convoque un novo concurso público de adxudicación do servizo no que se teñan en conta cuestións económicas, pero tamén de persoal e técnicas.

Para os representantes sindicais a situación é complicada dende que se publicou o prego de condicións do concurso de adxudicacións, momento en que comezaron con mobilizacións para que se modificara «o listado de persoal a subrogar, a subcontratación e a bolsa de horas» e advertiron de que un prego no que se lle dá 94 puntos á oferta económica «traduciríase en falta de persoal e mantemento».

Na adxudicación descartáronse dúas empresas por baixa temeraria, dándolle o servizo a Althenia por 17,9 millóns de euros, a mesma cifra que en 2004. Os técnicos municipais fixeron un informe advertindo que este importe quedaría por debaixo do custe real e non se cubrirían as zonas que figuran no prego.

A esta situación súmase a obriga xudicial de admitir a Valoriza e a volver a puntuar o prego, adxudicando a esta empresa o concurso e anulando o contrato actual con Althenia para darllo a Valoriza por 700.000 euros menos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.