RGPD - Cookies
Cultura

Vandalismo contra o patrimonio veciñal no roteiro do regato do Souto, en Noalla

noalla01

O roteiro que discurre ao longo do regato do Souto, en Noalla, con concello de Sanxenxo, acaba de sufrir unha ondanada de actos vandálicos contra o patrimonio veciñal. Ao longo de todo o roteiro apareceron pintadas en mobiliario e algunhas edificacións que se atopan ao longo do percorrido.

noalla04Trátase de pinturas facendo referencia ao presidente da comunidade de montes de Noalla, Roberto Garrido, ‘Chichi’, que aparecen en bancos, nos taboleiros do chan, pasamáns… pero tamén de desperfectos nalgúns puntos do percorrido.

Os desperfectos son no novo paseo fluvial adecentado pola comunidade de montes de Noalla con fondos europeos, un roteiro ao longo do regato que vai dar á praia e ao parque merendeiro de Montalvo.

También te puede interesar