Cultura

Bo ambiente e diversión no @Revenidas máis internacional

revenidas11

Un ano máis o Festival Revenidas non defraudou aos amantes da boa música, da boa comida e da troula. A décimo terceira edición do Festival Revenidas 2016 acolleu no porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, ata 23 concertos de pago, un cartel que este ano contaba con importantes figuras do panorama internacional tales como o rapeiro brasileiro Gabriel o Pensador, o máis coñecido do país e grande activista social, ou a banda gipsy romanesa Fanfare Ciocarlia. Entre a oferta de bandas galegas, resaltan as bandas Familia Caamagno, Malandrómeda, Cuchufellos ou Os Tres Trebóns.

revenidas12

Todo acompañado de zona de acampada gratuíta para facilitar aos festivaleiros a estancia nestes tres días e e un amplo programa de actividades complementarias, como a tradicional sardiñada, o Xoubiñas Festi para os máis pequenos da casa, unha gala a favor dos refuxiados e refuxiadas, pasarrúas, actividades náuticas ou obradoiros para os cativos e cativas.

Un festival que un ano máis acolleu a miles de persoas de toda Galicia, que chegan a Vilaxoán atraídos polo bo ambiente, un cartel importante e unha entrada económica.

revenidas 13

También te puede interesar