Cultura

Chega o Festival Revenidas 2016 con 23 concertos de pago e 35 actividades de balde

revenidas presentacion

A décimo terceira edición do Festival Revenidas 2016 está a piques de salta a escea. O porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, acolle dende este venres ata o vindiero 21 de agosto un festival no que haberá 23 concertos de pago e un amplo programa de actividades, como unha sardiñada ou unha gala a favor dos refuxiados e refuxiadas.

Incluído na marca Festivais Rías Baixas, promovida pola Deputación de Pontevedra, Revenidas é a última das citas musicais deste verán. Trátase dun festival da lingua galega con 23 concertos e 35 actividades de balde pensadas para todas as idades, como o Xoubiñas Festi, dedicado aos cativos e cativas.

Unha gran sardiñada popular, actividades náuticas, pasarrúas, obradoiros ou a Feira Revenida, entre outras, completan a oferta cultural do Revenidas, cuxo cartel conta este ano con importantes figuras do panorama internacional tales como o rapeiro brasileiro Gabriel o Pensador, o máis coñecido do país e grande activista social, ou a banda gipsy romanesa Fanfare Ciocarlia. Entre a oferta de bandas galegas, resaltan as bandas Familia Caamagno, Malandrómeda, Cuchufellos ou Os Tres Trebóns.

As entradas, que teñen un prezo de 17 euros (20 euros no despacho de billetes) por días soltos e 33 euros (40 euros no despacho de billetes) polo bono dos tres días, pódense adquirir a través da web do festival ou dunha listaxe de tendas físicas.

También te puede interesar