Destacados Vigo al minuto

A CIG denuncia que a recuperación do sector naval é “propaganda”

astillero

A federación de Industria da CIG denuncia que a recuperación do sector naval na ría de Vigo é “unha cuestión de propaganda” e que asegura que os datos que avalarían esta recuperación no primeiro semestre de 2016 por riba dos asteleiros asturianos e vascos son incorrectos, xa que comparan as actuais contratacións “coas de anos anteriores, cando case non existía sector ao atoparse prácticamente desfeito”.

Ademais, dende o sindicato apuntan que das seis contratacións actuais dúas dependen de Armón Asturias e outra dun estaleiro de Marín, estaleiros “pequeonos que xa están a traballar”, polo que o impacto en termos de emprego é “nulo”.

O máis salientable para a CIG é que os estaleiros que levaban o peso da contratación en termos de buques e postos de traballo “seguen en dique seco”. Así, recordan que en cando Barreras entregue o flotel quedaría baleiro, Freire está a rematar dúas construcións, Metalships entregou o seu último buque hai tres anos e Vulcano leva cinco anos “sen contratación e no límite da resistencia”.

Por outro lado, no ano 2007 o número de empregados no sector naval da ría de Vigo superaba os 9.000 traballadores, mentres que na actualidade non chega a 1.500. Por exemplo, dende o sindicato sinalan que Barreras pasou de ter 2.375 empregados a 300, Metalships de 1.500 a 160, Armón e Freire reduciron a plantilla case á metade e Cardama un tercio.

También te puede interesar