Destacados Vigo al minuto

A CIG denuncia que a recuperación do sector naval é «propaganda»

astillero

A federación de Industria da CIG denuncia que a recuperación do sector naval na ría de Vigo é «unha cuestión de propaganda» e que asegura que os datos que avalarían esta recuperación no primeiro semestre de 2016 por riba dos asteleiros asturianos e vascos son incorrectos, xa que comparan as actuais contratacións «coas de anos anteriores, cando case non existía sector ao atoparse prácticamente desfeito».

Ademais, dende o sindicato apuntan que das seis contratacións actuais dúas dependen de Armón Asturias e outra dun estaleiro de Marín, estaleiros «pequeonos que xa están a traballar», polo que o impacto en termos de emprego é «nulo».

O máis salientable para a CIG é que os estaleiros que levaban o peso da contratación en termos de buques e postos de traballo «seguen en dique seco». Así, recordan que en cando Barreras entregue o flotel quedaría baleiro, Freire está a rematar dúas construcións, Metalships entregou o seu último buque hai tres anos e Vulcano leva cinco anos «sen contratación e no límite da resistencia».

Por outro lado, no ano 2007 o número de empregados no sector naval da ría de Vigo superaba os 9.000 traballadores, mentres que na actualidade non chega a 1.500. Por exemplo, dende o sindicato sinalan que Barreras pasou de ter 2.375 empregados a 300, Metalships de 1.500 a 160, Armón e Freire reduciron a plantilla case á metade e Cardama un tercio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.