Destacados Vigo al minuto

O PP pide que a @depu_es estenda o convenio para asfaltado con Vigo aos concellos pequenos

Asfaltado

O grupo provincial do Partido Popular pide á Deputación de Pontevedra que “amose o mesmo interese para as vías provinciais e para as estradas dos concellos de menos de 20.000 habitantes que as que ten para a cidade de Vigo“. Asegura isto tras a sinatura dun convenio coa cidade olívica para investir un millón de euros no asfaltado de varias rúas.

Os populares esixen “transparencia” na sinatura de convenios cos concellos e o seu voceiro, Ángel Moldes, pide que se explique cal é o criterio que segue a Deputación para asinar estes convenios con Vigo para que “poida ser extensible tamén para os concellos de menos de 20.000 habitantes”.

Os populares entenden que primeiro debe atenderse aos concellos pequenos e medianos e despois asinar os convenios que considere necesarios coas cidades. “O que non pode ser é que non se destine nin un só euro para mellorar as rúas destes concellos e se conceda só para Vigo un millón de euros”, critica Moldes.

También te puede interesar