Galicia

25 candidaturas preséntanse ás primarias de @En_Marea

Votando

En total serán 25 candidaturas as que se presenten ás primarias de En Marea para determinar as listas provinciais de candidatos e candidatas ás vindeiras eleccións autonómicas en Galicia o 25 de setembro. Neste proceso de primarias participan 239 candidatos das catro provincias.

A circunscrición de Pontevedra foi a que rexistrou un maior número de candidaturas con 9 listas da provincia, integradas por 88 persoas: oito persoas coa candidatura de Marea Brava, liderada por Pauliño D. del Río; 12 coa de Mareas Abertas (En Común), liderada por Xoan Hermida; 6 por Onda Verde, con José Manuel Ledo á cabeza; 12 por Tendendo Pontes, con María Consuelo Martínez; 6 por Marea da Clase Traballadora, con Ramón Bueno; 12 por En Movemento-Pola Creba Democrática, con Paula Quinteiro; 8 por Marea do Pobo, con Eva Solla á cabeza; 12 por En Confluencia Podemos, con Marcos Cal; e 12 con Contigo Podemos, liderada por Carmen Santos.

Pola provincia da Coruña presentáronse 6 listas, cunha participación total de 77 persoas: sete por Onda Verde, con Jesús Pérez á cabeza; 14 con Unha Marea para un País, con Antón Sánchez ao frente; 14 por A Marea do Pobo, con José Manuel Lago; 14 por Mar de Todas, con Xan Xove; outros 14 con En Confluencia Podemos, con Luca Chao; e 14 con Contigo Podemos, con Magdalena Barahona.

Por Ourense hai 5 candidaturas configuradas por 40 persoas divididas nas 8 de Somos Quen, con David Rodríguez; 8 por Mareas das Terras de Ourense, con Rita González ao fronte; 8 por Somos Marea, con María de los Ángeles Cuña no número un; 8 por En Confluencia Podemos, lista liderada por Ares Jiménez; e 8 por Contigo Podemos, con Alejandro Hermida.

En Lugo rexistráronse 5 candidaturas, en total 34 persoas concurrindo para formar parte da lista provincial de En Marea nos comicios galegos: 6 con Lugo Plural (Elías B. Pérez), catro por Marea do Pobo (Vanessa Somoza), 8 por Rede Mareas de Lugo (Víctor A. Álvarez), 8 por En Confluencia Podemos (José Manuel, Josito, Pérez) e 8 con Contigo Podemos (Natalia Prieto).

 

O inicio das votacións demórase finalmente 24 horas, pois transcorrerán agora entre as 08.00 horas do mércores 17 de agosto e as 23.59 horas do xoves 18 de agosto, así como a proclamación provisional dos resultados, que terá lugar o venres 19 de agosto antes das 19.00 horas.

También te puede interesar