Comarcas

O Concello de Nigrán inicia as obras para levar o saneamento a Berreiro, na parroquia de Camos

IMG_0850O Concello de Nigrán leva a cabo actualmente obras para instalar saneamento e canalización de pluviais no barrio de Barreiros, na parroquia de Camos. Os traballos, a cargo de operarios municipais, estarán finalizados ao longo da semana próxima. O obxectivo e prover deste servizo ás casas situadas no Camiño do Fondo, que carecían do mesmo, polo que as entidades sociais de Camos o solicitaran. «Un dos obxectivos deste goberno é levar o saneamento a tódalas parroquias e seguiremos dando pasos neste sentido porque sabemos que é un servizo básico», indica o rexedor, Juan González.

Tamén na mesma parroquia, ao lado do Torreiro de festas e a escasos metros destas obras, operarios municipais levaron a cabo esta semana a canalización dun regato e o acondicionamento da superficie para habilitala como aparcamento de cara ás festas de Camos, que arrancan na semana do 22 de agosto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.