RGPD - Cookies
Cultura

Entra aquí si queres ir de balde ao Festival das Revenidas 2016

LOGO-PORTADA1Festival das Línguas. O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia pola súa aposta pola música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente.

Este 19, 20 e 21 de agosto poderás gozar de 23 concertos no recinto de pago con bandas procedentes de Galiza, Asturias, Madrid, Valencia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Brasil, Austria, Rusia, Romania ou Italia. Unha combinación de sotaques e estilos musicais como o gipsy brass, balkan, groove, ska, punk, rock, funk, garage, rap, hip hop, dance hall, reggae, dub, polka, cumbia, latina, pop, fusión, folk ou electrónica.

E poderás facelo de balde participando no Sorteo de vigoalminuto de 5 ENTRADAS ps os concertos dos tres días de festival

Soamente terás que entrar no evento de Facebook, compartilo de xeito público e comentar por que queres pasar tres días de troula no Revenidas. Calquera comentario que se faga fóra do evento non entrará no sorteo.

O sorteo realizarase o día 16 de agosto e o gañador publicarase na web. Ao longo do día, o gañador terá que enviar un correo electrónico a [email protected] con nome, DNI e teléfono e contestaráselle pola mesma vía cómo recoller as entradas. En caso de que non se poña en contacto, a entrada pasará ao seguinte da lista de gañadores.

 

También te puede interesar