Deportes Destacados

O Seis do Nadal Coia 2016-2017 bota a andar

seis do nadal entrenamientos 02

Volta ao traballo do Seis do Nadal Coia de baloncesto.

O equipo de División de Honra Prata Feminina comezou este luns a pretemporada con moitas novidades: por un lado, as baixas de Irene e Tania na portería e Patri, Nere, Mery, Eva e Erika; por outro, a incorporación dende o xuvenil de Iria, Claudia, Sonia e María Montero. Ademais, para reforzar o plantel chegan Marta Varela e Tamara Bernabé, do BM Lalín, e Yessi, da SAR.

O adestrador, Anxo Corbillón, espera poder anunciar ademais a incorporación doutras tres xogadoras máis, coas que se completaría o equipo 2016-2017, “fichaxes que xa están moi avanzados e que nos darían un salto de calidade importante”.

O equipo realizará cinco sesións nesta primeira semana de traballo e o primeiro amigable xogarao en Tui o día 20 de agosto ante o Atlético Guardés de ABF.

seis do nadal entrenamientos 01O equipo masculino, sen novidades

Ao contrario que o equipo feminino, o Magope Seis do Nadal Coia de Primeira Estatal Masculina mantén o mesmo grupo que a pasada tempada. Non se produciron nin baixas, nin altas. Jorge Fernández confía no mesmo persoal que dirixiu o curso pasado e nos xogadores do filial, dos que vai seguir botando man.

O Magope Seis do Nadal Coia comeza o traballo de pretemporada con sesións de adestramento no pavillón de Navia. E o venres 19 xa xogará o primeiro partido “oficial”, en Carballal, correspondente á primeira rolda eliminatoria da Copa.

También te puede interesar