Deportes

@depo_es achega 8.000 € a cada un dos 9 deportistas da provincia que competirán en Río de Janeiro

Carmela Silva
A presidenta da Deputacion, Carmela Silva

A Deputación de Pontevedra, segundo subliñou hoxe a súa presidenta en rolda de prensa, vén de darlle o visto bo ás axudas económicas para os e as deportistas olímpicos e paralímpicos que compiten nos Xogos Olímpicos de Río 2016. Cada deportista percibirá unha contía de case 8.000 €, destinando así a Deputación a esta iniciativa un total de 120.000 €.

Carmela Silva quixo tamén desexarlle todos os éxitos aos nosos representantes en Río e asegurou sentirse “moi orgullosa” da presenza de tantos deportistas de alto nivel na provincia de Pontevedra. “Seguro que todos e todas imos vibrar coas actuacións dos nosos deportistas en Río 2016”, concluíu.

Dentro do deporte olímpico percibirán esta axuda Frank Casañas e Jean Marie Okutu, en atletismo; Óscar Carrera, Rodrigo Germade e Teresa Portela, en piragüismo; Fernando Alarza, en tríatlon; Fernando Echávarri e Tamara Echegoyen, en vela; e por último, María Bernabeu, en judo. Entre estes nove deportistas olímpicos xa figuran algúns medallistas, como Echávarri ou Echegoyen, e outras que teñen quedado ás portas das medallas, como Teresa Portela.

Nos Xogos Paralímpicos de Río, que terán lugar entre o 7 e o 18 de setembro, tamén haberá presenza de deportistas da provincia de Pontevedra, aos que a Deputación tamén apoia con cadansúa achega. Trátase de Gustavo Nieves, en atletismo; Agustín Alejos, en baloncesto; Chano Rodríguez, en natación; Martín de la Puente, en tenis en cadeiras de rodas; Juan Antonio Saavedra, en tiro olímpico; e Susana Rodríguez Gacio, en tríatlon.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.