RGPD - Cookies
Cultura

Felipe Carnotto e Adrián Irago recollen en imaxes o ‘Exodus’ dos refuxiados

exodus2

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá ata o día 15 de agosto a exposición fotográfica ‘Exodus: na procura de refuxio’, unha mostra elaborada polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago entre setembro e outubro de 2015 que documenta as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

A exposición xa se exhibiu entre o 29 de abril e o 10 de xuño no Pazo provincial da Deputación e percorrerá varios concellos da provincia. ‘Exodus’ poderá visitarse de luns a venres de 09.00 a 13.00 horas.

Trátase dunha mostra que pretende «sensibilizar aos veciños sobre o drama dos refuxiados desmontando estereotipo» que terá unha segunda parte, ‘Buscando a Bashar’, nome dun dos miles de refuxiados sirios que o ano pasado chegou a Europa fuxindo da guerra no seu país.

Dentro desa segunda fase os fotoxornalistas viaxaron en xullo a Alemania co obxetivo de atopar ás mesmas familias e narrar a súa situación actual. O resultado será visible en agosto cunha exposición ao aire libre en Panxón co mellor material gráfico obtido e charlas divulgativas.

Europa está a afrontar á peor crise migratoria tras a Segunda Guerra Mundial. Segundo datos de ACNUR, máis dun millón de persoas cruzaron as illas gregas escapando do conflito en 2015. Un 25% delas eran menores de idade e, ademais, arredor de 3.700 persoas morreron no intento de cruzar o mar Exeo.

También te puede interesar