Vigo al minuto

Adxudicado o acondicionamento do Auditorio Mar de Vigo para a UNED e a sala de lectura

AuditorioO goberno local, reunido este martes en sesión extraordinaria, aprobou a clasificación de ofertas e o expediente de contratación das obras de acondicionamento de espazos no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo como sede da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).

En rolda de prensa, o alcalde explicou que a adxudicación provisional se fixo por un importe de 466.000€, cunha baixa económica do 22% sobre o prezo de licitación. En segundo lugar, Abel Caballero apuntou que a empresa ofertou melloras -en telecomunicacións e en megafonía para as aulas, entre outras- por un importe de 50.000€.

As obras consistirán na adecuación das prantas cuarta, quinta e sexta do Auditorio Pazo de Congresos como aulas, despachos, salas de reunións e de conferencias e aula de estudo. Alí estará emprazado o “maior espazo de lectura da cidade”, segundo asegurou o alcalde. O obxectivo é facer o traslado da sede da UNED ao Mar de Vigo «o antes posible», ao longo do curso que comeza.

O proxecto, engadiu Caballero, se sufraga en virtude cun convenio coa Deputación de Pontevedra, un acordo que contempla ademas que a administración presidida por Carmela Silva achegue outros 200.000€ para a dotación de elementos, útiles e mobiliario.

O alcalde lembrou que Vigo conta xa con 13 titulacións da UNED e avanzou que, de cara ao vindeiro curso 2017-2018, se solicitará impartir outras 8 carreiras. A previsión municipal é pedir para a sede viguesa todas as que imparte a Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.