Deportes Destacados

Once tripulacións disputaranse a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras

1469805323deportesEspectacular panorama este domingo no Vao. A partir das 12.00 horas once tripulacións disputaranse a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, unha proba que cumpre 30 anos e que se sitúa como a terceira máis veterana das 13 que conforman a liga galega.

Organizada polo Club de Remo Coruxo, esta suporá a novena proba do circuíto da División A da Liga Galega de Traiñeiras, que se disputará en tres quendas.

A bandeira está dotada con 9.000 euros, distribuídos dende os 1.170 euros para o gañador ata os 645 para o oitavo, noveno, décimo e undécimo. Nesta ocasión, fronte á ponte de Toralla mediranse as tripulacións de Samertolameu, Puebla, Ares, Castropol, Coruxo, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán e Salgado Perillo.

A saída, en dirección Samil, terá lugar dende a ponte de Toralla. O campo de regatas cubrirase en 4 largos e 3 ciabogas (5.560 metros) paralela á praia do Vao. O público poderá seguila dende a ponte de Toralla co interese engadido de que as traiñeiras pasan por debaixo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.