Internacional

Doce feridos tras detonar unha bomba nun festival de música en Alemania

baviera ataque

Un home de 27 anos de nacionalidade siria, que solicitara refuxio en Alemania e con trastornos psiquiátricos morría este domingo tras facer detonar unha bomba nun festival de música na cidade bávara de Ansbach. 

O atentado, do que aínda queda por verificar se ten algunha relación co terrorismo islámico, deixou ademais 12 feridos, tres deles de gravidade.

O autor do ataque quería impedir a celebración dun festival de música pop ao que acudía máis de 2.500 persoas. Intentou entrar no recinto no que se celebraba, pero tivo que marchar ao non ter entrada. Fixo detonar o artefacto ás 22.00 horas locais duante dun restaurante situado preto da entrada.

O home, que chegou hai dous anos a Alemania con permiso de residencia provisional e ao que lle rexeitaron a súa solicitude de asilo fai un ano, xa tentara suicidarse en dúas ocasións anteriores e estivera ingresado nunha clínica psiquiátrica.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.