Vigo al minuto

@depo_es xa aprobou a totalidade de investimentos previstos no Plan Concellos, por un total de 10.446.774 €

IMG_0392A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou este venres que na actualidade un total de 18 municipios da provincia xa teñen concedido o 100% das actuacións previstas no Plan Concellos 2016. Carmela Silva destacou a necesidade de que os veciños e veciñas dos concellos de Pontevedra saiban con estes datos que a maioría das obras municipais que acometen os gobernos locais son posibles grazas aos recursos que a Deputación pon na man dos concellos, “agora hai unha presidenta á que non lle interesa ir sacarse fotos inaugurando obras, pero é necesario saber que esas obras se fan grazas á colaboración entre concellos e goberno provincial”.

Os 18 municipios que teñen o 100% do Plan Concellos concedido a día de hoxe son Agolada, Arbo, Barro, Bueu, Campo Lameiro, Catoira, Crecente, Dozón, A Estrada, A Illa, Fornelos de Montes, Mondariz, Moraña, Nigrán, Redondela, Pazos de Borbén, O Rosal e Silleda. En total, todos estes concellos recibiron achegas económicas por un valor global de 10.446.774,72 €. En todos os casos, as contías percibidas este ano foron maiores que no exercicio anterior,”con incrementos significativos como, por exemplo, un 50,7% máis na Estrada, un 40,3% superior en Silleda ou un 36,2% máis en Agolada”.

A meirande parte das actuacións destináronse para a liña 1, destacando os investimentos para saneamento, pavimentacións de viais, adquisición de maquinaria, melloras de equipamentos municipais e actuacións en parques infantís e instalacións deportivas. Así mesmo, boa parte das contías foron para a liña 4 dedicada á promoción de emprego e pola que se puideron contratar traballadores e traballadoras para realizar diferentes tarefas municipais. Tamén a través da liña 3 do Plan Concellos, estes municipios accederon a partidas para sufragar actividades culturais, deportivas e medioambientais.

En Agolada, o Plan Concellos achegou un total de 488.888,14 €, un 36,2% máis que en 2015. Boa parte dos investimentos foron para melloras en camiños e pavimentacións, así como para creación de emprego. En Arbo concedéronse 353.497,83 €, un 4,5% máis que o ano pasado. Máis da metade das contías destináronse para saneamento e melloras de camiños e pavimentacións, así como algo máis de 80.000 € para a creación de postos de traballo no municipio.

Para Barro destináronse 399.511,53 €, o que supón un 15,6% máis que en 2015, dos que algo máis de 230.000 se adicaron a saneamento, equipamentos deportivos e melloras en parques infantís e viais, así como case 90.000 e para promoción do emprego. Bueu recibiu 736.977,11 €, un 22,7% máis que no exercicio pasado, dos que 400.000 foron para a liña 1 de investimentos e preto de 140.000 para a liña 4 de promoción do emprego.

A Campo Lameiro concedéronselle 361.447,90 €, un 17,5% máis e dos que tamén destinou a meirande parte para liña 1 e liña 4. O Plan Concellos achegou 379.861,02 € para Catoira, o que significa un 11,5% máis que en 2015, con algo máis de 223.000 para a liña 1 con contías destacadas para acondicionamento de dependencias municipais e instalacións deportivas.

A Crecente chegaron 390.809,29 €, un 16,8% máis que o ano anterior, con achegas sobre todo para acondicionamento de equipamentos municipais, melloras na seguridade vial, melloras en pistas e muros e contratación de emprego municipal. O concello de Dozón recibiu 364.570,61 €, que supoñen 23% máis, dos que a meirande parte foi para pavimentación e acondicionamento de camiños e canalización e construción de muros.

Na Estrada concedéronse 1.736.993,70 €, un 50,7% superior ao ano pasado. Algo máis dese millón de euros destinouse á liña 1 para obras sobre todo de pavimentación e reposición de servizos, adquisición de equipamentos municipais e melloras na rede de abastecemento, así como unha partida de case 400.000 €, para a contratación de traballadores e traballadoras municipais.

Na Illa aportáronse 396.461,26 €, que son un 7% máis que en 2015, con contías especialmente para melloras de equipamentos e viarios e para creación de emprego. Un total de 334.456,43 € foron para Fornelos de Montes, case un 8% máis que no exercicio anterior, dos que a meirande parte se dedicou a melloras en infraestruturas municipais, alumeados e pavimentacións.

Para Mondariz achegáronse 463.588,20 €, un 26% máis, dos que a metade foron para obras de saneamento, adecuación de camiños e equipamentos para instalacións municipais. A Moraña chegaron 447.617 €, que significan un 26,5% máis que en 2015, dos que máis de 300.000 € destináronse á liña 1 con investimentos principalmente en saneamento, pavimentación, reposición de firmes e creación de sendas peonís.

Para Nigrán achegáronse 947.623,61 €, un 35,8% máis, dos que 350.000 € foron para a liña 1 de investimentos con obras sobre todo en parques infantís e biosaudables, creación de espazos públicos, pavimentacións e creación de emprego. Pazos de Borbén recibiu 379.782,54 €, un 11% máis que en 2015, con investimentos sobre todo para saneamento e emprego.

A Redondela achegáronse 1.120.111,31 €, que é un 9,4% máis que o ano pasado, dos que as grandes partidas foron tamén para saneamento e para a contratación de empregados e empregadas municipais. O Rosal recibiu 514.360,75 €, que supoñen un 30,5% máis, dos que máis da metade se dedicou á liña 1 con actuacións sobre todo en saneamento e restauración de cubertas en edificios municipais.

A Silleda concedéronselle 630.216,49 €, un 40,3% máis que o ano anterior, dos que case todos os investimentos foron para liña 1 con partidas en melloras de viais, acondicionamento de rúas e camiños e adquisición de equipamentos municipais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.